Na Federación Dano Cerebral Galicia buscamos incorporar ao noso equipo unha persoa titulada en Educación Social, comprometida coa defensa dos dereitos, a inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias.
A persoa seleccionada participará no deseño, planificación, coordinación, execución, seguimento e xustificación de proxectos, programas e intervencións no ámbito social e socioeducativo, orientados á promoción da autonomía persoal, a autodeterminación, a vida independente e a participación social das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias.
Así mesmo, colaborará na planificación e desenvolvemento de accións de información, sensibilización, visibilización e concienciación social sobre o dano cerebral adquirido, contribuíndo ao coñecemento das necesidades e dereitos do colectivo.
Formará parte dun equipo multidisciplinar, integrado por profesionais do traballo social, psicoloxía, formación, terapia ocupacional, logopedia, comunicación, administración, xestión económica e dirección.
Centro de traballo: sede de Dano Cerebral Galicia, rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5, Santiago de Compostela.
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia. O posto require desprazamentos frecuentes para o desenvolvemento de actividades e a coordinación con outras entidades.
Modalidade contractual: contrato de duración determinada de 12 meses, vinculado ao programa de cooperación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
A contratación estará condicionada á concesión da correspondente subvención.
Data prevista de incorporación: 09 de decembro de 2026
Xornada laboral: 75 % da xornada establecida no convenio colectivo de aplicación (28,5 horas semanais).
Horario habitual: de luns a xoves de 8:30 a 14:30 horas e venres de 08:30 a 13:20 horas, con flexibilidade de entrada e saída para favorecer a conciliación. Poderán realizarse adaptacións puntuais do horario, incluíndo actividades de tarde, en función das necesidades dos programas.
Retribución Bruta: 1368,27€, segundo o Convenio Colectivo de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade.
Formación especializada
Experiencia profesional
A contratación está vinculada á convocatoria de 2026 de subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro (procedemento TR352A), regulada pola Orde do 7 de xullo de 2026.
De conformidade co artigo 16 das bases reguladoras, as persoas candidatas deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Situación de desemprego e inscrición como demandante de emprego.
Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e dispoñibles para o emprego.
2. Limitación por contratacións anteriores.
Non ter sido contratadas, en calquera entidade, durante un período igual ou superior a 180 días ao abeiro das axudas concedidas nas seguintes convocatorias de programas de cooperación:
3. Incompatibilidade por parentesco.
Non ser cónxuxe nin ter relación de parentesco, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, con persoas que exerzan funcións directivas na entidade contratante.
Os requisitos establecidos nas bases deberán cumprirse no momento da selección e da contratación e serán obxecto de comprobación pola entidade.
Dano Cerebral Galicia mantén un firme compromiso coa igualdade de oportunidades, a inclusión, a diversidade e a non discriminación.
Promovemos procesos de selección baseados en criterios obxectivos de formación, experiencia, competencias e adecuación ao posto, garantindo a igualdade de trato con independencia do sexo, xénero, identidade ou expresión de xénero, orientación sexual, idade, orixe, discapacidade, estado civil ou calquera outra circunstancia persoal ou social.
Non se tolerarán comportamentos discriminatorios, actitudes machistas nin situacións de acoso sexual, por razón de sexo ou por outras causas discriminatorias.
Co obxectivo de reducir os posibles nesgos nos procesos de selección, recomendamos presentar currículos sen fotografía nin información persoal que non resulte relevante para valorar a candidatura, sempre que a plataforma permita xestionar adecuadamente a identificación e o contacto coas persoas participantes.
A selección desenvolverase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e non discriminación.